Auditorio Municipal de Cedeira

Sábado 5 de novembro – 19.00h – Infantil – Entrada libre
Rede Cultural da Deputación da Coruña

Raquel Queizás presenta: CINEMA de HISTORIAS – ALICE GUY A nai do cinema

Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.

Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas .
Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida. Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Teatro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.