O Concello de Cedeira e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática conmemoraron hoxe, 18 de Decembro, o 86º aniversario do asasinato, no Castelo de San Felipe de Ferrol, de 13 veciños de Cedeira (máis outro de Cabanas), entre eles o Alcalde e varios concelleiros, acusados todos, polos militares golpistas, de “rebelión militar” pola súa defensa da legalidade e dos seus ideais de xustiza, igualdade e progreso social.

Interviron o Alcalde Pablo Moreda, José Luis Vergara pola Sección de Cedeira da M.H.D., Sonnia Marín e Antóm Labranha deron lectura a varios textos e poemas e os nomes das persoas asasinadas e as súas circunstancias relatounos Teresa Fernández. Pechouse o emotivo acto coa canción “Al Alba” interpretada por Quique Vázquez

.








Álbum Fotografico e Video (de Bea Rascado)