Cedeira recibirá aos Reis Magos o 5 de xaneiro. A súa Cabalgata percorrerá a partir das 18.00 horas as rúas da vila e irá a deterse no Auditorio Municipal, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recollerán as cartas de nenos e nenas que queiran darllas en persoa.
Durante esa tarde haberá tamén unha “Merenda de Reis” e xogos inchables no CEIP Nicolás do Río.

Máis información:
http://cedeira.gal/events/