
Melania Cruz interpretará a María Casares, o sábado no auditorio municipal
O naturalista Rafael López Loureiro, Calel, disertará sobre a figura de Martín Sarmiento este venres (19.30 horas), no Museo Mares de Cedeira. Trátase dunha actividade promovida pola biblioteca do CEIP Nicolás do Río dentro do proxecto interxeracional Naturalmente, aprendendo!.
E o sábado haberá teatro, coa representación da obra Continente María, que establece un diálogo con María Casares, interpretada pola actriz Melania Cruz, baixo a dirección de Tito Asorey. Será á 20.30 hora, no auditorio municipal. As entradas, por 3,5 euros,pódense reservar no wasap do 649 876 614 ou compralas en despacho de billetes unha hora antes do inicio da función.