A. C.
CEDEIRA / LA VOZ

Portos iniciou os traballos para retirar os entullos, un problema que se repite desde hai anos


O noiro situado ao pé do edificio da confraría de pescadores de Cedeira vén abaixo cada vez que se produce un episodio de choivas intensas. O problema repítese desde hai anos e os últimos temporais han provocado un novo desprendemento de terra, xusto á beira do inmoble do depósito, en cuxa planta baixa atópase o Museo Mares de Cedeira.
Portos de Galicia iniciou os traballos para retirar a terra e as pedras que se acumulaban na esquina da confraría.
O maior derrube rexistrado nesa ladeira produciuse na primavera de 2018, noutro punto do vial que vai ao porto de Cedeira, onde se atopan as casetas dos pescadores, por mor do temporal Hugo, que arrastrara varios eucaliptos, obrigando a cortar o tráfico e deixando incomunicada a zona portuaria (onde se atopa a lonxa). Naquel momento, o Consello da Xunta aprobara a declaración de emerxencia dos traballos, nos que se investiron 60.000 euros
Aquel desprendemento afectou á rede de subministración de auga e luz dos almacéns dos peixes, xusto á entrada do peirao cedeirense. Portos encargara un informe sobre a estabilidade da parede de terra a unha empresa especializada. Os traballos consistiran en repoñer o noiro de terra e afianzar o terreo, ademais de retirar as árbores con risco de vir abaixo, e de repoñer o sistema de subministración de luz e auga.
Nas inmediacións da confraría non se actuou, polo momento, para tratar de evitar novos derrubes.