LA VOZ
CEDEIRA

Recreación del proyecto que se va a ejecutar con ayuda de la Xunta
O Concello quere recuperar un espazo degradado, cunha axuda da Xunta
Unha parcela situada na rúa Silva, xunto ás coñecidas como Casas Baratas de Cedeira, pasará de ser «un espazo degradado e desaproveitado para converterse nun lugar de encontro», segundo avanza o Concello, que prevé crear unha zona verde e de lecer. Para iso solicitou unha subvención de 40.000 euros á Xunta, dentro dun programa de mellora de infraestruturas e servizos municipais.
O Concello achegará outros 20.000 euros, para completar o orzamento de execución. Son uns 73 metros cadrados, onde plantarán árbores e vexetación, e colocarán bancos cunha cuberta parcial que protexa aos veciños da choiva e do sol.