Ou Día do Naturalismo Galego nace con Frei Martín Sarmiento de primeiro referente

PATRICIA HERMIDA

CEDEIRA / LA VOZ

O profesor Rafael López Loureiro é o promotor da iniciativa ANGEL MANSO

O profesor Rafael López logrou apoios da RAG, Real Academia de Ciencias e CCG

E tempo de amorodos, acivros e carqueixas. Pola botánica galega tamén se interesou Frei Martín Sarmiento (1697-1772), o galego máis ilustrado da Ilustración: autor de Coloquio en 1.200 coplas galegas, 150 anos antes de Rosalía de Castro. E a el quere dedicárselle o Día do Naturalismo Galego o 9 de marzo. Unha iniciativa impulsada polo profesor cedeirés Rafael López Loureiro que se presenta hoxe co apoio da Real Academia Galega (RAG), a Real Academia das Ciencias e o Consello da Cultura Galega (CCG).

López Loureiro admite que leva anos coa idea na cabeza: «Quixemos que coincidise co natalicio de Martín Sarmiento porque os naturalistas considerámolo como o noso guía».

A campaña de adhesións iniciouse no outono pasado e apuntáronse «artistas, asociacións culturais e sociais, ademais de institucións como a RAG, o CCG e a Real Academia de Ciencias». Martín Sarmiento sería o inspirador para o día dedicado aos valores da natureza. Nacido en Vilafranca do Bierzo, aínda que pontevedrés desde os sete meses, ademais de un adiantado ao seu tempo e defensor da lingua galega, destacou como botánico. «Traballouse moito na súa obra lingüística e histórica, pero a súa parte naturalista quedou de lado e queremos sacala á superficie», indica Loureiro, que engade que a demais das institucións citadas e de asociacións ecoloxistas (Adega, Verdegaia, Amigos da Terra entre outras), a título individual «hai moitos apoios de xuíces, gardas rurais, artistas, cantautores como Guadi Galego e Xurxo Souto».

No caso de tratarse dunha declaración internacional «necesitaríase o respaldo da ONU ou da Unesco, pero ao ser de ámbito galego non fai falta aínda que sería ideal que a Xunta integrase esta materia no currículo escolar», di o mestre xubilado, que agora ten 68 anos, e recalca que a través deste Día do Naturalismo Galego «os escolares deberían coñecer a labor do Pai Sarmiento pola integración das ciencias naturais nas universidades, porque ten unha obra amplísima na que fala de flamencos, rinocerontes ou bidueiros… e aínda queda moita obra inédita». Aínda recentemente «se acabou de editar a súa Obra de 660 pregos en cinco volumes».

O investigador cedeirés celebra que «coa declaración se recoñeza a labor extraordinaria e calada do naturalismo galego, que mesmo tivo o desprezo de parte da sociedade, con tarefas como a defensa da píllara das dunas na nosa bisbarra». E tamén destaca «o apoio da Real Academia Galega para que o idioma se respecte cun léxico naturalista propio, e o do Consello da Cultura Galega para o autor de Coloquio en 1.200 coplas galegas, xa no século XVIII, e cunha obra en defensa do noso territorio».

Martín Sarmiento sería así «unha marca moi famosa pero cunha obra non suficientemente coñecida, pese a especialistas como a profesora Rocío Ameneiros».

López Loureiro encárgase de divulgar a súa figura e tamén a riqueza do entorno no seu blog Ao noroeste do noroeste, «no que tamén defendo unha cultura naturalista, a nivel pictórico ou literario… mira que eu son da xeración na que queríamos ser Félix Rodríguez de la Fuente», sinala. E avanza que «o Día do Naturalismo Galego non naceu pero o 9 de marzo será un bebé».

Reivindicarase así con máis forza tanto a defensa da natureza como a Martín Sarmiento, frade bieito que tivo na súa cela no mosteiro de San Martín de Madrid unha das maiores bibliotecas privadas do XVIII, con 6.500 volumes. Grazas a este enorme coñecemento Mariño Ferro dixo del: «Foi un galego xenial, senón o máis xenial dos galegos».

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2023/03/01/santiago-talleres-gastronomiaspan-langgl-dia-do-naturalismo-galego-nace-frei-martin-sarmiento-primeiro-referentespan/0003_202303G1P24992.htm?utm_medium=referral&utm_source=facebook&utm_campaign=fbferr&fbclid=IwAR1jq1J6rBtWdkwyh-KdrfKotpL1FzCKMIxKrrXKo8uj_59ogUfV-so4gv8

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.