LA VOZ
CEDEIRA

O Concello solicitou unha axuda de 92.000 euros á Xunta para sufragar o cambio
A substitución das caldeiras de gas da piscina municipal de Cedeira por outras alimentadas por biomasa supoñerá a redución anual de 61,39 toneladas de CO2 á atmosfera.
O Concello solicitou unha axuda de 92.000 euros, o custo íntegro, ao Fondo de Cooperación Local, da Xunta de Galicia. As caldeiras funcionarán con pellets e permitirán quentar a auga do vaso e a sanitaria, e abastecer a calefacción do edificio.
O alcalde, o socialista Pablo Moreda, reafírmase no seu compromiso por combater o cambio climático.