Voces de Cedeira

ISIDORO VALERIO

Unha aposta polo futuro

Foto: La Voz de Galicia

O premio da última edición do certame Canta Ferrol foise unha vez máis a Cedeira. En 2015 foi a cedeirense Irene Caruncho a gañadora deste certame, que en 2023 gañou outra cedeirense, Icía Cribeiro. Icía falou esta semana en RadioVoz Ferrol recoñeceu estar feliz cun premio co que non contaba. Unha canción de Billie Eilish, Lovely, acompañoulle ao longo de todo o concurso e confesa que a elixiu porque a interpretaba nunha audición recente nas súas clases de canto en Cedeira e tíñaa moi interiorizada. O xurado animouna a seguir traballando pola súa voz especial. Icía di que o seu avó inculcoulles a música a todos os Cribeiro. É sobriña de Guadi Galego, e tamén de Santi Cribeiro, na súa familia a música, asegura «é fundamental, é principal e igual de importante que os estudos». A súa tía felicitouna pola súa soberbia interpretación nun tema moi difícil. A gañadora de Canta Ferrol cursa 1.º de bacharelato no IES Punta Candieira onde recibiu o agarimo e felicitación dos seus compañeiros. Icía, que tamén coñece a Irene Caruncho porque acudiu a un campus de canto impartido por ela, e anuncia que investirá o premio en continuar formándose. Ten claro que quere dedicarse á música.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2023/04/20/voces-cedeira/00031682022925088559958.htm

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Concertos, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.