
Castro Sarridal -Concello de Cedeira
La campaña que se está desarrollando desde el mes de abril permite ver estos restos de un yacimiento castreño considerado como uno de los más importantes del noroeste peninsular
A totalidade da muralla e o torreón defensivo de castro Sarridal en Cedeira (A Coruña) xa está á vista grazas aos traballos que Axa Arqueoloxía está a levar a cabo no asentamento desde o pasado mes de abril. Este xacemento castrexo revelouse como un dos máis importantes do noroeste peninsular a partir dos achados que se sucederon desde o ano 2017.
O arqueólogo Emilio Ramil está á fronte do equipo de seis persoas que traballan no xacemento na actual campaña, que concluirá a finais deste mes. Afirma que se consolidaron os restos escavados na anterior incursión, na primavera do pasado ano, e deixáronse ao descuberto máis fileiras de pedra tanto da muralla defensiva como do torreón. No sector da terraza que está situada antes do foxo, tamén se está escavando o empedrado –aparecen dous tipos, un da época castrexa a outro posterior, arriba, da galaico-romana- así como os restos de tres muros.

Torreón e muralla do castro Sarridal visibles grazas aos traballos que se desenvolven na actualidade. Imaxe: Concello de Cedeira
O Concello de Cedeira impulsou no ano 2017, co apoio da Xunta de Galicia, a escavación do castro Sarridal. O achado dun monumento con forno e cunha pedra formosa, o equivalente na cultura castrexa a un balneario actual, confirmou cos primeiros traballos a importancia do xacemento, xa que estes son elementos dos que só se descubriron cinco ata o momento en Galicia.
Cabe destacar que desde entón sucedéronse as campañas de escavación financiadas polo Concello (na que se está desenvolvendo na actualidade investiu 18.000 euros) e as de consolidación custeadas pola Dirección Xeral de Patrimonio. A través de todos estes traballos puido corroborarse que o asentamento estivo habitado desde o século III ou IV antes de Cristo ata, polo menos, o IV ou o V despois de Cristo, de maneira que hai restos da época castrexa e posteriores, da galaico-romana.