A. F. C.
VALDOVIÑO / LA VOZ

Os árbores e a maleza frenron o avance do vehículo, semivolcado CEDIDA
O vehículo que conducía saíuse da vía en Valdoviño e quedou semivolcado entre os eucaliptos
As árbores e a maleza salvaron a unha veciña de Cedeira de precipitarse co coche por un pronunciado desnivel. Ocorreu na mañá deste mércores no quilómetro 15 da
estrada AC-566, en Valdoviño. A muller circulaba en sentido Ferrol cando, ao final da curva dunha canteira, o vehículo saíuse da vía, enganchou o gardarraíl e acabou semivolcado entre os eucaliptos.
A condutora baixouse do automóbil polo seu propio pé e non precisou asistencia sanitaria. Unha ambulancia do 061 achegouse ata o lugar do suceso. «Tivo moita sorte porque nesas condicións, de non ser polas ramas e a matogueira, podiamos estar a falar de algo moito máis grave», comentaron testemuñas do sucedido.

A condutora puido saír do coche polo seu propio pé e non precisou asistencia sanitaria
Desde o servizo 112 mobilizaron aos Bombeiros de Ferrol e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos, ante o temor de que o turismo se houbese despeñado, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Valdoviño.