A Unesco recoñece oficialmente o Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial

O proxecto abrangue os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

A Unesco designou esta cuarta feira 18 novos xeoparques mundiais, e entre eles figura un situado en territorio galego: o de Cabo Ortegal. O proxecto, impulsado desde a área de Turismo da Deputación da Coruña e os sete concellos das comarcas de Ortegal e Ferrolterra que abrangue, é un enclave marcado por rochas que emerxeron da Terra hai perto de 400 millóns de anos. Son, en concreto, os municipios de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, cunha extensión que rolda os 800 quilómetros cadrados.

Coas novas designacións aprobadas polo Consello Executivo do organismo, a Rede Mundial de Xeoparques da Unesco alcanza os 195 espazos repartidos en 48 Estados e que suman unha superficie total de 486.709 km2, é dicir, o equivalente a dúas veces o tamaño do Reino Unido. O Xeoparque de Cabo Ortegal foi incluído ao ofrecer, explicaron desde a Unesco, “algúns dos testemuños máis completos de Europa da colisión que orixinou Panxea, un proceso coñecido como oroxénese varisca”.

A maioría das rochas deste xeoparque saíron á superficie pola colisión de dous continentes, Laurasia e Gondwana, que acabarían uníndose ao supercontinente Panxea hai uns 350 millóns de anos. Cando se produciu a colisión, estas rochas estaban situadas no manto superior da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. O cobre explotado nas minas do xeoparque orixinouse por mor dunha intensa actividade térmica no fondo mariño, onde as chemineas volcánicas —chamadas fumarolas— liberaron gases e minerais a alta temperatura que posteriormente se arrefriaron ao entrar en contacto coa auga.

A etiqueta de Xeoparque mundial da Unesco creouse en 2015 para recoñecer o patrimonio xeolóxico de importancia internacional. Ao combinar a conservación do seu importante patrimonio xeolóxico coa divulgación pública e un enfoque sustentábel do desenvolvemento, os xeoparques prestan un servizo ás comunidades locais.

Entre os novos espazos incluídos, destacan Filipinas e Nova Zelandia que se incorporan á rede. Así, incorpóranse á Rede os xeoparque de Caçapava e o de Quarta Colônia, ambos no estado de Río Grande do Sur (Brasil); a illa de Bohol, no arquipélago das Bisayas (Filipinas), e Lavreotiki (Grecia). Indonesia suma catro novos xeoparques: Ijén, na provincia de Xava oriental; Maros Pangkep, na illa de Célebes; Merangin Jambi na illa de Sumatra, e Raja Ampat.

A rede da Unesco incorpora, aliás, o xeoparque do río Aras, na coordillera do Cáucaso Menor e o xeoparque de Tabas, ambos en Irán; o enclave de Hakusan Tedorigawa, no centro de Xapón; Kinabalu (Malaisia); o geoparque Waitaki Whitestone, en Nova Zelandia; o Sunnhordland, en Noruega; o geoparque da costa oeste de Jeonbuk (Repúlbica de Corea); Khorat, en Tailandia e no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, o xeoparque Mundial de Mourne Gullion Strangford.

Máis información …..

Link: https://www.nosdiario.gal/articulo/social/cabo-ortegal-xeoparque-unesco/20230524153519169454.html

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local, xeoparque, Xeorutas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.