
Foto: Alcaldes e Alcaldesa da Contorna do Ortegal
Acabamos de recibir dende París a ratificación final da nosa candidatura, pasando así o Xeoparque Cabo Ortegal a formar parte desta rede mundial, xunto as outras 17 novas candidaturas aprobadas no día de hoxe en todo o mundo
Só 18 candidaturas aprobadas no mundo!!
Coa mellor das calificacións, o Xeoparque Cabo Ortegal convértese no único da Península Ibérica que obtén o distintivo nesta anualidade.
Hai que agradecer a moitas persoas e institucións polo apoio recibido.
Empezo pola Deputación da Coruña polo seu incondicional apoio, ó Ministerio de Exteriores, Comité Científico, Entidades Amigas, asesores, empresas proveedoras, e milleiros de veciñas e veciños… Grazas!!
Pero crédeme se vos digo que o grupo de compañeiros e compañeira -xa amigos- Pablo Moreda, Beni Galego, Alberto González Fernández, Juan Penabad Muras, Bea Bascoy Maceiras e Secundino García Casal é espectacular. Alcaldes e alcaldesa mirando máis aló dos límites territoriais do seu municipio para construir algo conxunto e que vai a situar á comarca noutra liga no que a desenvolvemento territorial se refire.
Toca seguir traballando -con moita máis forza se cabe- neste territorio que dende hoxe pode celebrar xa un ben merecido recoñecemento a nivel mundial, un selo Unesco.
Para min foi unha honra enorme, e un orgullo, presidir a asociación xestora do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal en representación de Cariño durante o ano 2022. Un ano moi importante, xa que nel vivimos moitos avances e a propia avaluación da Unesco.
Finalmente todo rematou ben, e hoxe recollemos o froito de moitas, moitísimas horas de traballo.
Un orgullo de comarca!!
Agora sí: #XeoparqueDoCaboOrtegal#Unesco