Cedeira – “O Prezo da Liberdade”

Esta entrada foi publicada en Aso. Ced. MemoriaHisto.D., Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

1 Responses to Cedeira – “O Prezo da Liberdade”

  1. Manuel Parada Freire di:

    IN MEMORIAM…

    As fillas e os fillos de Cedeira
    asasinados na contenda das
    envexas, na contenda da maldade.
    I co meu cariño especial pr’aquela nena namorada do seu home i do seu meniño. ¡Mataron-lle o home!
    ¿Morrería o meniño ou mataríao o
    doutor? ¿Mandarían-lle mata-lo? ¿..?
    Maruxa….¡Cánto dor!
    ¡Cánta amargura!
    ¡Cánto sufrimento!
    ¡Qué lles perdoe o Señor!
    ¡Qué malos eran meu Deus!
    ¡Almas líticas….almas tépedas!
    desde o Carreiro o Corveiro
    desde Teixido a Freixido

    de Teixedelo o Cancelo
    e d’Esteiro a Piñeiro
    ou do Toxo a Montoxo
    e d’a Carballa a Santalla
    ou de Malde hasta Sisalde…

    Cánto valente morreu
    e cánto cobarde viveu…
    na contenda das envexas
    na contenda da maldade

    Cánta xentiña morreu
    cánta xente nos mataron
    cántas mulleres sen peito ou
    e cánto home castrado…

    Cánto sofreu esa xente
    cánto a fixeron sofrir
    cánto abusaron Señor
    cánta humillación, meu Deus.

    Os teus amigos meu neno
    neno que vas no carreiro
    cánto humillaron a xente
    só abusaban da xente

    Ti e os teus amigos, neno
    cánto humillades a xente
    cánto abusades meu neno
    escudando-vos en Deus.

    Decides ser xente d’igrexa…
    e escudades-vos en Deus
    non sodes xente de Deus
    sodes xentiña do Demo…

    Non son dos teus, meu Deus
    sonche unha xente do Demo
    non eran dos teus, meu Deus
    eran-che xente do demo…

    Inda que foran a igrexa…
    inda que vaian a igrexa…
    sempre che serán do Demo
    só se escudan en Ti…

    Levaban correa e pistolas
    boina roxa e chambra azul
    botas de pel de becerro
    xugos bordados en ouro
    e cintos con balas da morte

    Bordados no peto do peito
    arcos e frechas……..
    arcos da morte……..
    frechas da morte…..

    Balas e balas…………
    todo era morte……….
    n’aqueles fillos do Demo
    que s’escudaban en Deus

    Eranche dos teus, meu neno
    neno que vas no carreiro
    ¡eran-che fillos do Demo!
    ¡non-che’ran fillos de Deus!

    Mataban mulleres e nenos
    vellos e xoves…
    valían-lles todos…
    ¡e s’eran cultos mellor!

    Pobre do que lera libros
    pobre do qu’os tivera
    eran veneno para eles…
    ¡envexaban a cultura!

    Boina roxa…chambra azul
    eran-che dos teus, meu neno
    neno que vas no carreiro
    eran-che fillos do Demo…

    Os teus amigos, meu neno
    non ch’eran fillos de Deus
    eran-che dos teus meu neno
    pois andaban no carreiro…

    Poñendo a Deus por excusa
    e a Xesús de parapeto…
    mataban a nosa xente…
    ¡xente sinxela do pobo!

    Envexaban a cultura…
    envexaban o saber…
    como facedes vosoutros…
    ¡vosa bandeira e a envexa!

    Excudades-vos en Deus
    e metedes-vos na igrexa
    saides só pra roubar…
    ou cambiar pedras de lugar.

    Non sodes fillos de Deus
    sodes os fillos do Demo
    todos da misma calaña…
    ¡boina roxa…chambra azul!

    Cánta bondade mataron
    os teus amigos, meu neno
    ¡ay! ¡cánta envexa pariron!
    ¡sementaron a maldade!

    ¡Cánta maldade, meu neno!
    cánta maldade no corpo…
    cánta maldade na ialma…
    ¡cánta maldade, meu Deus!.

    ¡Cántas mulleres sen peito!
    ¡cántos homiños mataron!
    os teus amigos, meu neno
    neno que vas no carreiro.

    Os teus amigos e a vos
    Gusta-vos sementar medo
    gusta-vos roubar os pobres
    e cambiar as pedras de lugar…

    ¡Todos da misma calaña!
    cántas vidas estragaron
    os teus amigos, meu neno
    ¡cántas vosoutros, meu neno!

    ¡Ay! Cánto dor nos deixaron
    os teus amigos, meu neno
    naceron cobardes, Señor
    ¡e así morreron meu Deus!

    Andaban sempre en rabaño
    porque sóios tiñan medo…
    morreron como naceron…
    ¡cómo naceron morreron!

    ¡Cántos mortiños deixaron
    tirados no teu carreiro…!
    tirados nas corredoiras…
    n’aquelas noites do Demo

    Tirados polas congostras
    n’aquelas noites aciagas
    n’aquelas noites do Demo
    ¡os teus amigos, meu neno!

    Eranche xente sen norte…
    e escudabanse en Xesús…
    escudabanse en meu Deus
    ¡e excudabanse na Igrexa!

    Eran-che xente do Demo
    non eran dos teus, meu Deus
    cánta xentiña mataron…
    ¡aqueles fillos do Demo!

    Ti xa non levas pistola
    non che fai falla, meu neno
    pois tes ó Demo na casa
    ¡para qué queres ter pistola!

    Non che fai falla pistola
    pois eres fino actuando
    ti non matas os homes…
    ¡envenenas-lles a alma!.

    Quitas-lles o pan dos fillos
    cambiando as pedras de sitio
    amargando-lles a vida…
    as familias do lugar…

    Non te escudes máis en Deus
    nin te chames a Xesús…
    tí non eres fillo de Deus
    ¡eres un fillo do Demo !

    Neno que vas no carreiro
    nese carreiro do Inferno
    non ofendas mais a Deus
    nin t’escudes en Xesús…

    Xa non engañas a xente…
    ben te conocen…, meu neno
    ¡nadie se fía de ti…!
    ¡naide se fía …do Demo!

    ¡Cánta xentiña morreu!
    por culpa dos teus amigos
    dos teus amigos, meu neno
    ¡todos amigos do Demo!

    Mp’s-2002-B.V.M.
    (Copyright)
    Agora téde o que hai que ter i publicádeo!!!!!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.