Salvamento Marítimo rescata ao tripulante dunha embarcación que envorcou en Cedeira

O propio accidentado deu a voz de alerta

Salvamento Marítimo rescatou este sábado ao tripulante dunha embarcación que envorcou na entrada da ría de Cedeira. Foi o propio accidentado o que deu conta do sinistro. Os responsables de Salvamento Marítimo detallan que o suceso se produciu ao redor das nove e media da mañá e destacaron que o propio ocupante relatou que estaba «sobre a quilla, tranquilo e ben». O centro de Salvamento Marítimo na Coruña mobilizou á unidade LS Condesa Pardo de Bazán, de Cruz Vermella, que recuperou ao tripulante e remolcou o barco ao porto cedeirès

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2024/05/26/salvamento-maritimo-rescata-tripulante-embarcacion-volco/0003_202405F26C2996.htm

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Mar de Cedeira, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.