O Concello abre o “Castelo da Concepción” e amplía o horario da oficina de turismo

O castelo da Concepción volve abrir as súas portas para aquelas persoas que desexen coñecelo ao longo do presente verano. Dende esta última semana de xuño e ata a xornada do 7 de xullo, os visitantes terán que facelo en horario de tarde, entre as cinco e as oito, excepto o luns día 3, no que permanecerá pechado.

A partir do día 10, o fortín recibirá aos interesados en horario de mañá e tarde, de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas e estará pechado ao público os luns todo o día e os domingos pola mañá.

O castelo está situado na parte alta do porto pesqueiro da localidade. Na súa construción chegaron a colaborar os propios veciños da vila coa fin de evitar a invasións de tropas francesas e inglesas.

Os investigadores sitúan a súa orixe no século XVIII. Nas súas inmediacións foron atopados recentemente restos de antigas murallas e edificacións de orixen castrexo.

Cambio de horario da oficina de Turismo

Ata o próximo mes de setembro a oficina de Turismo de Cedeira cambia de horario para atender ás persoas que necesiten información ou asesoramento sobre os recursos turísticos da vila, aloxamentos ou mesmo locais nos que xantar. Durante alomenos os dous próximos meses, o servizo permanecerá aberto ao público en horario interrumpido de luns a venres, entre as nove da mañá e as nove da noite. Os sábados abrirá só polas mañás, de dez a dúas, e os domingos haberá un horario aínda máis reducido, de once a una e media da tarde.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s