Ampliación Centro de Saúde de Cedeira

O goberno de Cedeira segue a dar pasos firmes cara á ampliación do Centro de Saúde. Onte mesmo o alcalde, Pablo Moreda, reuníase co xerente de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, para darlle a coñecer o acordo plenario que deu lugar á adquisición de propiedades anexas ao actual edificio e para analizar, de forma conxunta, os trámites e as accións precisas para dotar de máis recursos sanitarios á vila de Cedeira.

Así, o Concello xa remitiu hai uns días a Patrimonio da Xunta de Galicia a documentación relativa á compra de tres plantas do edificio das vivendas sindicais que, xunto ás que xa eran propiedade do Concello, serán cedidas á Concellería de Sanidade e que incrementarán ata nun 40% o espazo construtivo do actual Centro de Saúde, un servizo asistencial falto de recursos para facer fronte ás necesidades reais da veciñanza e mesmo dos visitantes e turistas ocasionais.

Desde o equipo de goberno destácanse, entre outros problemas, as deficiencias estruturais no servizo de urxencias (PAC), a falla dunha sala acondionada para cirurxía menor, a necesidade de reubicar a área de pediatría e mesmo a de mellorar a accesibilidade á zona de consultas.

No encontro de onte tamén se acordou celebrar unha reunión conxunta entre técnicos da
Xunta e do Concello, unha vez que estean resoltos todos os trámites, así como unha posible visita á vila de Cedeira do concelleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para analizar sobre o terreo a necesaria ampliación do actual Centro de Saúde.

O goberno municipal destacou a “boa sintonía” que hai entre o Sergas e o executivo local para acometer o proxecto de ampliación e expresou a satisfaccion que a día de hoxe existe entre os responsables municipais polos avances conqueridos cara á consecución dun obxectivo “bo para o pobo e necesario para garantir unha sanidade de calidade”.

O acordo plenario que deu lugar á compra das tres plantas do edificio das sindicais foi adoptado por unanimidade na sesión celebrada o día 26 de decembro e a compra pechouse pola cantidade de 60.913,93 euros. A planta baixa, a terceira e o baixo cuberta que foron adquiridas polo Concello eran propiedade da Consellería de Medio Rural.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Saude e Rendimento, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.