O Concello de Cedeira recada 2.300 sinatura para a creación dun Centro de Día

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, recibiu hoxe da man do alcalde e da concelleira de Cultura de Cedeira, Pablo Moreda Gil e María Xosé Rodríguez Pérez, respectivamente, as 2.300 sinaturas coas que a veciñanza demanda a creación dun centro de día na localidade.

Os responsables municipais puxeron de manifesto ante o representante da Xunta a boa disposición do executivo local á hora de colaborar na realización deste proxecto, xa que o Concello, ademais de ceder un solar situado nas inmediacións da estación de autobuses, tamén estaría disposto a financiar unha parte da construción dun edificio de planta baixa e con capacidade para entre 25 e 30 usuarios, dadas as necesidades reais do municipio e os requisitos que deben cumprir os beneficiarios.

Ao termo da reunión, os representantes do goberno local manifestaron a súa intención de seguir traballando cara á realización dun proxecto que consideran tan necesario como factible, e á espera de que a Xunta estude a viabilidade dunha prestación social que, segundo o xerente do Consorcio, está a funcionar de maneira exemplar nalgúns municipios mentres que en outros non tanto.

Os representantes cedeirenses tamén aproveitaron o encontro con Perfecto Rodríguez para interesarse pola obra de ampliación da escola infantil. O xerente apuntou que a realización do proxecto interesou a un total de catro empresas e que a fase de execución podería dar comezo no mes de agosto. Cabe recordar que a obra saíu a licitación o pasado mes de febreiro e que o goberno local colaborará economicamente na súa realización asumindo a terceira parte do seu importe. O prezo de saída ascende a 141.337 euros.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.