O Concello de Cedeira investirá máis de 53.000 euros en mellorar a rede viaria municipal

A este non lle toca, pois pertenece oa concello de Cedeira, tamén

As obras de asfaltado levaranse a cabo nos camiños Piñeiro, O Campón,
A Pasada e Os Edreiros

O Concello de Cedeira investirá máis de 53.000 euros en mellorar a rede viaria municipal con asfaltados nun total de 2.605 metros de lonxitude nos camiños Piñeiro, O Campón,A Pasada e Os Edreiros.

As obras serán executadas pola empresa Excavaciones Saavedra y López SL, adxudicataria do proxecto, e principalmente consistirán na limpeza de gabias, en tratamentos semiprofundos e na aplicación dunha capa de macádam de quince centímetros nos tramos que se atopen en peor estado de conservación.

O camiño de Piñeiro, que ten unha lonxitude de 360 metros e un ancho de 3,5 metros, presenta na actualidade algunhas fochancas nun firme a base de macádam e rego asfáltico. A obra contratada dará homoxeneidade a toda a superficie coa aplicación de tratamentos semiprofundos e rego de selado. Unha actuación moi similar é a que se levará a cabo no camiño O Campón, que ten 630 metros de longo e conta cun ancho de tres metros.

Unha maior dificultade presenta a intervención que se executará no camiño da Pasada, cuxa lonxitude supera o quilómetro e, ademais, está dividida en dous tramos de 450 e 600 metros. Este último é de macádam con rego asfáltico, mentres que o inicial é de saburra. As actuacións que se executarán consistirán nas substitucións do macádam por tratamento semiprofundo, rego superficial e selado no tramo principal e a saburra por unha capa de 15 centímetros de macádam e os regos correspondentes no de 450 metros.

A lonxitude do camiño Os Edreiros supera os 560 metros e o seu estado actual require un
tratamento a base de macádam para eliminar as fochancas que se concentran nun tramo de 100 metros.

As intervencións agora contratadas levaranse a cabo antes de que finalice o ano e financiaranse con cargo ao Fondos Feder, participados pola administración local e Xunta de Galicia.

O alcalde, Pablo Moreda, destacou a intención do goberno de Cedeira de seguir invistindo, ao longo de todo o mandato, no arranxo de camiños públicos para garantir a seguridade viaria e mellorar a comunicación dentro do territorio. O rexedor quixo agrader, así mesmo, a colaboración que o executivo local vén atopando no movemento asociativo para programar e executar os proxectos que son máis urxentes. Moreda Gil tamén pediu desculpas por adiantado aos veciños e veciñas que poidan verse afectados por este conxunto de catro actuacións.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.