
O colectivo Rampla organiza a mostra, aberta en xullo e agosto
O colectivo Rampla Hotel Herbeira organiza unha mostra do traballo artesanal de cestería de Luisa Dá Silva Seijas, neste hotel de Cedeira. Hai obras feitas con lámina de castiñeiro, agulla de piñeiro, xunco, corda de algas ou palla de centeo. Abre en xullo e agosto.