
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza a xornada, que se celebrará o día 2
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ( ISSGA) elixiu o Museo Mares de Cedeira para desenvolver unha xornada dirixida a técnicos de prevención de riscos laborais, que versará sobre os perigos existentes no traballo do sector pesqueiro. A sesión celebrarase durante a mañá do luns, día 2 de maio.
O centro museístico prestará o local e facilitará axuda técnica (algún dos docentes e a visita a un palangreiro de superficie). Asistirán vinte profesionais de prevención de riscos laborais, ademais da xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, e a directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha. Ao acto inaugural acudirán, ademais, o alcalde, a secretaria da confraría de pescadores e o presidente da Asociación Mares de Cedeira.