Festas en Cedeira con Tanxugueiras, jazz e moito máis

Do 11 al 17

En Cedeira as festas comezan o xoves e alonganse ata o 17.

Programación: 

11 de agosto

21.30 h no Parque San Isidro. Jazz de Ría. David Regueiro Trío + Alexandre Cavaliere.

David Regueiro leva ás costas máis dunha decena de discos e centos de actuacións por toda

a xeografía española que o consagran como un dos artistas de Gypsy Jazz, estilo musical moi

particular xestado por músicos xitanos nos anos 30, con máis presenza no país. O trío que

compón Regueiro con Iago Reigosa e Juyma Estévez estreou no 2020 o seu último traballo,

“Areal”, onde experimentan con diversos sons como o do mainstream jazz ou a música clásica.

Este trío musical compartirá escenario nas festas de Cedeira con outro músico de jazz, o francés

Alexandre Cavaliere, violinista que leva dende os 12 anos tocando Gypsy Jazz arredor de todo

o mundo.

12 de agosto

18.30 h Carreira popular de Cedeira. Saída ás 18.30 h desde a Praza Roxa. Inscrición na sala

Áncora desde as 17.30h.

20.00 h na Praza do Concello. Lectura do pregón das festas, coa Asociación da Banda de

Música Vila de Cedeira.

20.30 h Pasarrúas coa Banda de Gaitas de Buxainas.

22.00 h na Praza Roxa. Entroido de Verán. Disco Móbil CDC e Festa da Escuma.

13 de agosto

12.30 h Pasarrúas con AC Espadana e Gaiteiros e danzas con cabezudos.

17.00 h XXIV Travesía a nado de Cedeira.

20.00 h na Praza do Floreal. Espectáculo de circo “Só”, con Xampatito Pato.

A compañía circense Xampatito Pato trae a Cedeira o espectáculo de Jesús Velasco

Otero,”Só”. Un personaxe obsesivo e meticuloso, único na súa especie, está atrapado entre un

sinfín de caixas que escapan do seu control. A medida que vai xogando con elas vai dándolle

forma a un universo propio e delirante no que a loucura e a comedia acaban por transformar

ao personaxe nun novo ser dotado dunha nova figura.

22.30 h na Praza Roxa. I Certame de Grupos Locais: Catro Cores, P-Rayada e Ardecasas.

14 de agosto

13.30 h Pasarrúas e concerto na Praza Roxa da Banda de Gaitas de Narón.

17.30 h no Paseo da Mariña e Praia da Madalena. Xogos populares

20.30 h Pasarrúas coa Fanfarria Furruxa.

22.00 h na Praza Roxa. I Certame de Grupos Locais: La banda del muelle, Los Eternos e Os

Benignos.

15 de agosto

12.00 h Misa coa Coral Eixil e procesión coa Banda de Música Vila de Cedeira.

13.30 h na Praza Roxa. Concerto da Banda de Música Vila de Cedeira

20.00 h na Praza do Floreal. Espectáculo para o público familiar a cargo de Kanbahiota Troup,

“Volando… vengo”.

A compañía Kanbahiota Troup animará ao público familiar cedeirés cun show de trapecio mini

volante ambientando nos anos 20 e cargado de humor no que catro personaxes terán que

enfrontarse a un sinfín de problemas e intentos errados.

22.15 h na Praza Roxa. Concerto de Chylava.

00.00 h Gran tirada de Fogos Artificiais.

00.30 h Grupo Claxxon.

16 de agosto

11.00 h Misa e procesión marítima

20.00 h na Praza do Floreal. Espectáculo de danza de Marta Alonso Tejada, “Sofá”.

“Sofá” é un espectáculo de danza que fala da vida de parella de Marta e Pablo e do lugar

onde descansan e esquecen todos os problemas do mundo exterior, o seu sofá. Durante a

actuación, o sofá vai elevándose a varios metros de altura mentres a parella interpreta os

vaivéns da súa vida a través do baile.

21.00 h Pasarrúas coa Mekánika Rolling Band.

22.30 h na Praza Roxa. Concerto da Garufa Blue Devils Big Band.

Garufa Blue Devils Big Bang é unha orquesta composta por 19 músicos e 4 cantantes que

interpretan temas clásicos dos anos 30 e 40, época dourada en Estados Unidos do swing e os

grandes musicais.

00.30h na Praza Roxa. Concerto de Broken Peach.

Broken Peach é unha banda viguesa que xa suma dez anos de traxectoria versionando

grandes éxitos e aportándolles a súa marca persoal: unha posta en escena que mestura a

música e o espectáculo, unha estética extravagante e unha fusión de estilos tan diversos como

o rock, o pop, o funky ou o gospel. As catro voces femininas e os seus músicos suman millóns de reproducións en YouTube coas súas covers de temas dun sinfín de artistas como Amy

Winehouse, Bruno Mars, Rihanna ou Aretha Franklin.

17 de agosto

Tradicional Xira durante todo o día na contorna da ermida de Santo Antón do Corveiro.

23.00 h na Praza Roxa. Concerto de Tanxugueiras.

Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro son as famosas Tanxugueiras, cuxo nome soou

con forza por todo o país e o eido internacional tras a súa participación no Benidorm Fest 2022

como candidatas a representar a España en Eurovisión con “Terra”. A pesar de que esa

canción catapultounas á fama, as Tanxugueiras levan xuntas dende o 2016 traballando na

reinterpretación da música tradicional galega con ritmos urbanos próximos ao trap e á

electrónica. A enerxía das tres cantareiras e as súas pandeiretas porá o broche final as festas

de Cedeira deste ano.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2022/08/10/fiestas-cedeira-tanxugueiras-jazz/0003_202208F10C4996.htm

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.