Para HOXE, convocámosvos a unha nova asamblea ás 20:30 da tardiña na Plaza Roxa , para facer entre tod@s un rebumbio de ideas cara a afrontar un novo calendario de movilizacións en vista de que a situación pode alongarse no tempo.
Precisamos ideas para dar máis visibilidade á situación.
Algún día alguén loitou por nós, agora tócanos facelo pol@ nos@s fill@s, por tod@s @s que veñen detrás, para que non vexan os seus dereitos mermados.
Vide hoxe á reunión cargad@s de ideas, de gañas e de ilusión. Alí nos vemos!
E recordade: “unid@s ficaremos en pé, dividid@s caeremos”



