Sufrira un accidente de tráfico o venres pasado na autoestrada AP-9, en Ordes

LA VOZ
SANTIAGO 23/12/2020 19:08 H
O xornalista Xosé Manuel Díaz Maseda (Ortigueira, 1962) faleceu este mércores en Santiago, en cuxo hospital se atopaba ingresado desde o venres tras sufrir un aparatoso accidente de tráfico na autoestrada AP-9, á altura de Ordes, no que se viu involucrado o seu vehículo e un camión. Maseda, como era coñecido en ámbitos profesionais, traballou durante 35 anos na Televisión de Galicia, e encargouse como enviado especial dos principais acontecementos retransmitidos pola canle autonómica.
Licenciado en Dereito, foi unha das caras que deu a benvida no nacemento da TVG, un 24 de xullo de 1985. Foi editor e presentador de informativos, e redactor xefe entre o 2009 e o 2017.
Actualmente era coordinador de informativos e a diario daba conta de noticias en directo desde a redacción de San Marcos. Ao longo da súa carreira o seu rostro foi un habitual das sesións constitutivas do Parlamento e outros eventos sinalados, e estes días traballaba na apertura da Porta Santa.
Natural de Cedeira, pai dun fillo e unha filla, era un membro activo da Asociación de Troyanos de Compostela e da súa tuna.
A dirección da CRTVG, os seus compañeiros e a Asociación da Prensa da Coruña manifestan a súa pesar por esta perda e enviaron comunicados de apoio a os seus familiares e amigos.